Este é unha entrada que tería que ser subida o pasado 1 de decembro.

Ben, hoxe entramos en decembro, mes por excelencia do Nadal. Que si presentes, que si turróns, que si a lotería, que si Papá Noel, que si os Reis (tranqui Juanqui que non vai por ti),... Todo nesta época cheira ao mesmo, a Nadal. E vaia se cheira, a mín xa me cheira de máis. Síntoo, pero é queémesuperior. Non sei porque nesta época, todo o mundo ten que estar contento ou, polo menos, aparentalo. Paréceme unha das datas do ano na que a xente é máis falsa. Xente coa que non te falas en doce meses, chega o día de Nadal e todos son bos desexos, chega o primeiro de xaneiro e dache a man para felicitar o ano, cando calquer outro día viraríache a cara. Incrible.

Pero fóra disto, o que me gustaría denunciar a min é o -baixo o meu punto de vista- uso machacón e desmesurado que fan os concellos dos adornos e luces de Nadal. Entendo e comprendo que os centros comerciais e tendas poñan a súa decoración e as súas luces xa a mediados de outubro. Cada un fai da súa casa un pandeiro, como diría o outro. O que non me parece ben é aqueles adornos que pagamos todos (e sen entrar en cuestións políticas de se un concello ten que poñer luces a unha festividade relixiosa). Non sei como será en cada concello, pero o que non me parece nada lóxico é que ocurra o que ocorre en Viveiro. É impresionante. Aquí xa están colocadas as luces desde principios de novembro. Vale, de acordo, non me molestan e entendo que o que pon as luces terá que facer os seus servicios noutros lados e ten que ir alixeirando. Pero o que ten delito é que estas luces estean acesas desde o 30 de novembro. Manda carallo. É que nin entraramos aínda en decembro, cando comezaron a alumear. E o que é aínda peor é que tamén encenderon a que di Feliz 2008 Viveiro. Si é que cando chegue o día, vou estar canso xa de que me teñan felicitado o novo ano, día si e día tamén. Un pouco de consciencia e de concienciación. Véndennos a moto de que o cambio climático está encima, de que está subindo o prezo de todo (certo), de que media España está en risco de sufrir un apagón enerxético en calquer momento e, de repente, as luces de Nadal acesas desde, repito e en voz alta, o 30 de NOVEMBRO. Paréceme moito. A igrexa debería levantar tamén a súa voz e, en lugar de preocuparse por cousas nas que non se debía meter ou non debería ter tanta poder, ou buscalo(política, sobre todo), tentar que estas luces non se encendan tan rápido, porque creo que tamén acaban coa significación eo significado relixioso que teñen estas datas. Están demasiado preocupados na política do país e están deixando que os centros comerciais, Papá Noel, etc. etc. lles coman o seu terreo e faigan da tradición cristiana unha mera operación de marketing e de aumento de vendas.

Se cadra na miña visión inflúe o feito de que estamos nos dous meses (sobre todo, novembro) do ano que máis me avinagran a vida e me poñen de mala hostia e contra o mundo. Non me apetece facer nada, só teño sono e ganas de que pase o tempo o máis rápido posible, sen tan sequera aproveitalo (e iso que agora mesmo teño bastante tempo libre). Odio novembro e, algo, decembro. Menos mal que xa están pasando. Achégase Santa Lucía (13 de decembro), que como dicía o vello refraneiro: mengua a noite e crece o día. Claro que, despois, tamén había quen dicía que ata o día de Nadal non era certo esto (a miña avoa sen ir máis lonxe). En fin, que cada día falta menos para a Primavera.

Saúde.