Coma o rapaz dos turróns, Alonso regresa polo Nadal á casa, ao lugar onde máis a gusto se sentiu e onde foi campeón do mundo por dúas veces, Renault.

Faino despois de que corresen ríos e ríos de tinta sobre cal ía ser o seu futuro, facendo un tipo de información moi alonxada do que debe ser un xornal, demostrando que o de consultar as fontes non vai aparellada co xornalimo actual, polo menos co deportivo. Creo que xa o comentaba nunha entrada anterior deste blog.Neste caso tampouco importaba que o que se decía fose certo ou non, senón que había que soltar a máis grande, a noticia máis bomba, ou aquela da que se podía presumir máis, despois, de confirmarse certa e lle permitise colgarse o maior número de medallas ao xornal.
Así foi, por exemplo, que Marca se colgaba na edición de onte a medalla de que fora o primeiro en asegurar que o asturiano retornaría á escudería do rombo, despois do seu desencontro con Ron Dennis en Hungaroring. Ensinaron portadas e portadas na que falaban do retorno de Fernando nos últimos meses. Claro que non apareceu ningunha daquelas, ou daquelas informacións, nas que falaban de que seenfríaban as negociacións con Briatore e se achegaba a Red Bull, ata que o patrón da escudería da bebida enerxética se volvía atrás e non aceptaba un único ano de contrato. Ou como cando dixeron que podía ser Toyota o seu equipo, xa que xente como Ecclestone estaban tamén a favor desta operación e a vían moi cercana. Esas portadas non aparecían, evidentemente. Case do que máis me fío e do "calvo", porque polas súas palabras dedúcese que debe ser unha especie de segundo representante do asturiano. Ese tipo debe saber (ou dá esa sensación, polo menos) moitas cousas da vida e obra de Alonso.

Tamén se está falando moito do contrato de Alonso e o desorbitante que lles parece a moitos. Estou de acordo. O que me coñeza ou lera algunha vez este blog, sabe queson moi proclive ásbarbaridades de soldos que cobran moitos deportistas (sobre todo, futbolistas de élite) e que preferiría que eses soldos os cobrasen outras persoas que fan máis pola sociedade, pero está montado así o tinglado. Fálase duns 100 millóns de euros en tres anos e outros apuntan un contratode sódous anos, con algunha claúsula pola que Alonso pode romper o seu contrato, unilateralmente, ao final da primeira tempada (quen sabe si, ao mellor, para coller rumbo a Maranello). O caso é que no que si coinciden todos é que vai cobrar algo máis de 30 millóns de euros ao ano. De todos os xeitos, penso que Renault xa empezou a rentar onte o soldo do ovetense. A subida en bolsa das accións da empresa foi espectacular. E iso que ata o 1 de xaneiro non será piloto seu, propiamente.
E o mesmo lle ocorreu aos centros comerciais, que desempolvaron os vellos R25 e R26 que non se venderan e xa estaban camiño de ser descatalogados. Falaban nalgúns informativos que xa se estaban vendendo estes a maior ritmo que os McLaren deste ano (tamén hai que ter en conta que, supoño, serán máis baratos) e laiábanse de que ata setembro non haberá as miniaturas e os controis remotos do R28. Comentaban que a imaxe de Hamilton na caixa dos McLaren botaba para atrás aos nenos e mermaba moito as vendas. A xogada de marketing e imaxe das marcas vai ser maestra e as vendas de coches de Renault seguro que tamén comezan a subir, aínda que a un lle acabe de costar crer que alguén poda comprar o seu coche dunha determinada marca, porque alí corre un piloto que lle gusta moito (non estamos falando dunha colonia, ou mesmo dun reloxio). De feito, fálase que as ventas de Mercedes en España disminuiron a partir de que empezaron a "tratar mal" a Fernando na escudería inglesa. Ao mellor tamén tivo que ver algo a recesión na que parece que estamos entrando, aínda que a xente que compra eses coches non soen ter problemas cos periodos de recesión.
Os asturianos supoño que estarán moi ledos de que volva ás cores da súa bandeira, aínda que a entrada de ING o ano pasado provocou que o monoposto da escudería francesa xa non sexa tan azul e amarela. O branco e o naranxa coméronlle bastante espacio.

Por certo, volvendo aos R25 e R26, imaxino que haberá moitos siareiros que volverán a lucir con orgullo as súas viseiras e os seus polos de Renault.

Deportivamente, vai ser un ano difícil para o asturiano, no que todos os "especialistas" predín que non poderá gañar o Mundial porque vai dispoñer dun coche moi inferior aos da "Scuderia" e ás frechas de prata. De todos os xeitos, estou seguro que ao final de tempada o Renault vai estar loitando polo título (non sei o equipo, pero si -polo menos- Fernando). Este rapaz ten algo especial.
Por certo, moi gris (por non dicir negro) o teñen que estar vendo os ingleses e Ron Dennis, cando se fala de que chegaron a ofrecerlle un monoposto a Fernando Alonso para este ano, sempre que sexa certa esta información.

Saúde.