O ano 2007 toca ao seu fin e parece que vai sendo tempo de facer
reconto, de sumar e restar para saber si este ano foi mellor, igual ou peor que o anterior. É o que todo o mundo fai nestas datas e cual borrego eu tamén o vou facer, aínda que tiña pensado facelo hai máis de medio atrás.

Comezaba este 2007 que se nos escapa con moitas dúbidas. 0 2 de xaneiro non sabía que ía ser da miña vida a bastante curto prazo. O meu horizonte só tiña definido o final do CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica). Así foi que foi avanzando e foron surxindo cousas novas. A mediados de mes e logo de facer unha proba abriúseme unha gran porta.
Fora seleccionado para unha bolsa Leonardo de 3 meses en Firenze
(Florencia). A miña aventura comezaría o 29 de xaneiro, polo que me tiven que dar presa para facer as prácticas do CAP no instituto no que estudiara anos atrás. Nunha semana e media despachei estas prácticas e a memoria. Boa e grata experiencia a de darlle clase a rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato. Quen sabe, algún día se cadra ata me penso o de presentarme a unhas oposición. Mellor vida non vola hai.

Volvendo ao fío condutor deste tema, o ano 2007, os meus seguintes tres meses (desde o 29 de xaneiro ao 20 de abril) desenvolvéronse integramente en terras italianas, "sotto il sole della Toscana". Gran período da miña vida, inesquecible sen dúbida e do que, sobre todo, creo que saquei uns bos amig@s. Da miña experiencia aló din boa conta noblog dos comuneros, dos amigos feitos e conservados da facultade. Recalco o de amigos, eles ben saben porque vai.

Vinme de Italia un 20 de abril, como a canción dos Celtas Cortos. Un día de tristura e coa esperanza de que cada día está máis próximo o meu retorno á bella Italia.

Logo desto tempo de viño e rosas pasei dous meses nos que, practicamente se pode dicir para escarnio e vergoña mía, me estiven rascando os .... Bueno, non, fixen algo importante. Cubrín os dous créditos de libre configuración que me quedaban para rematar a carreira, aínda que non foi ata ben entrado o mes de novembro que tiven o título provisional de Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas. Algo é algo. Dous meses parado nos que veu un mísero día de praia aproveitable. E cando viñeron dous, hai estaba meu pai para collerme como sparring nas súas aventuras polo monte. En fin...

Chegaron as calores, chegou o vrao. E nun último intento por chupar da teta da facultade, embarqueime nunhas prácticas no recoñecido e respetado xornal El Progreso, el Diario de Lugo y su Provincia. Grandes tres meses, en moi boa compañía. Moi boa xente a que traballa nas redaccións da Mariña. Tempo, sen dúbida, no que medrei dentro do sector no que non me importaría gañarme a mida, o xornalimos. Tres meses de prácticas (que desto só tiña o nome, por certo, curramos bastante os becarios) nos que aprendín moito e nos que fixen bastante xornalismo deportivo, cousa que me encanta e que, case case, non debería ser considerado traballo no meu caso, senón fose polo de axustar as noticias, poñer títulos, subtítulos, destacados,...

Abríronme a porta para quedarme a traballar, xa con outro status, por dicilo dalgún xeito, pero en última instancia refuteino. Ía comezar aestudiar xornalismo en Santiago, para o que me matriculei en primeiro e presentei as convalidacións dos catro cursos. Rexeitei o do Progreso porque pensaba que me contestarían rápido, pero a verdade é que me arrepinto. Aínda hoxe non me contestaron, estou esperando por esa carta
certificada que me dirá que vai ser da miña vida nos próximos meses e anos. Teñen de prazo ata o 19 de xaneiro de 2008. Se me convalidan ireime para Santiago. Se non me convalidan retornarán as sombras e as preguntas á miña cabeza, ao meu futuro.

Pero non se acabou aquí o meu ano, non. Que pensabades. Eu son de acabar os anos ao grande. E cando digo ao grando, quero dicir ao criminal.Así foi que, botando unha pachanga a fútbol sala (puto deporte de vellos, que xogamos os novos) o pasado 21, nunha
acción fortuita me fixen unha escordadura de nocello de grado II e
fracturei a base do quinto metatarsiano (dedo meñique) do pe. Gran Capolavoro!! (obra mestra) que dirían os italianos.

Así é que entrarei no novo ano cun xeso que me cubre desde o dedo dos pes ata case a rodilla (ou xeonllo que dirían os máis puritanos). Esto é un "bo" xeito de entrar no novo ano, de entrar co mellor pe. Nin roupa interior vermella nin h... en vinagres. Para orixinal eu. E con el seguirei ata o 29 de xaneiro, se todo vai ben. Cousas do destino, ou coincidencias da vida, xusto cando se cumple un ano da miña partido cara Firenze.

Eu ao 2008 só lle pido saúde para os meus e para min, claro. O resto, xa virá só. Ou xa se buscará.

Saúde.

BUON CAPODANNO E FELICE ANNO NUOVO A TUTTI!!!

Un reto para esta noite. A ver quen supera a este tipo. Menudo crac.