Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

11 Enero 2008

Arranca o "Circo" da F-1. Estas son as miñas apostas para a nova tempada

Arranca o Mundial de 2008 da F-1. Primeiras presentacións oficiais dos novos monoplazas e primeiras voltas aos circuitos de adestramento e de preparación dos "bólidos" de cara ao primeiro grande premio, que se celebrará aló polos comezos de marzo nas antípodas, concretamente en Australia. Calendario

E eu, igual que o Marca vou ser ousado e facer a miña aposta a golpe de prinicipios de xaneiro. Así cando se cumplaa miña predición (máis ou menos, tampouco fai falta que sexa acertado ao cento por cento)autocitareime e poderei afirmar convencido e orgulloso que eu xa o dixera hai oito meses. Por certo, sigo esperando que os de Marca digan a bombo e platillo (como fixeran coa fichaxe de Alonso, que xa anunciarán en Hungría que se ía de McLaren), que se trabucaran con que Rijkaard ía ser destituido se o Barça perdía no 23-D ante o Madrid no Camp Nou. En efecto esto produciuse (a derrota do conxunto catalán), pero o holandés sigue sendo o que se senta no banquillo do coliseo blaugrana. Pero bueno, esto é fariña doutro costal e estoume indo pola tanxente.

Os primeiros en presentarse foron os dous "grandes", McLaren e Ferrari(por certo, recomendo unha visita á páxina das dúas escuderías; a dos italianos -Mundo Ferrari-dálle mil voltas en canto a deseño e todo).
Uns fixérono no museo de Mercedes-Benz en Stuttgart (ou Stoccarda que lle chaman os italianos e me fai bastante gracia), aínda que en principio non tiña pensado facer a típica presentación e amosar, deste xeito, o seu coche por primeira vez no circuito de Jerez. Din nos corrillos da F-1 que Ron Dennis está perdendo peso específico na escudería angloalemana.

E os outros fixérono na súa sede de Maranello, moi preto de Módena (Emilia-Romagna) e sen excesivos luxos e famoseo, case de puntillas. Do mesmo xeito o novo bólido da Scuderia xa fixo os seus primeiros kilómetros no circuito propio de Fiorano.
De aquí a final de mes iranse presentando o resto de equipos, uns optando por facer unha ceremonia de presentación á prensa e afeccionados e outros, amosándoo directamente en pista. Os de Renault serán os últimos e farán unha especie de híbrido, xa que o novo monoplaza poderá verse no circuito andaluz de Jerez, antes mesmo da presentación en público.

Pero sigo índome polas ramas e non vos ofrezo as miñas apostas de como vai quedar todo aló polo 2 de novembro. Sobre todo o que máis me interesa é o lugar que vai ocupar ese día Fernando Alonso na clasificación final. Xa teñen corrido ríos e ríos de tinta sobre a súa situación actual e, sobre todo, do coche co que se vai atopar dentro duns días. Eu creo que o asturiano vai estar arriba, mesmo loitando pola victoria final. Non sei o porqué, pero este tipo dame moi boas vibracións (non estou falando de que me caia ben ou mal) de cara a conseguir que un coche que o ano pasado se arrastrou, este ano vaia a pola victoria. Se cadra volve a firmar outra temporada como a súa primeira de piloto oficial de Renault, mellorando os resultados gran premio a gran premio e sen ser candidato á victoria final. Pero, non sei, as cousas que se están escoitando e todas as novidades que presenta esta tempada inclíname a pensar que vai a loitar desde o principio. El vai levar á escudería francesa as míticas "7 décimas" que sempre dixo portara consigo á escuadra de Ron Dennis. El sabe como ninguén conducir sen control de tracción. Ao igual que o resto, pero como se manexa sobre a auga dá idea de que ten algo especial cando o coche é menos controlable. Todos tamén falan de que Lewis Hamilton sabe defendersemoi ben sen control de tracción, como demostrou na GP2. Claro que, tamén din as malas linguas que senón fose por un "invento" que tiña no seu coche ata metade de temporada (foille prohibido utilizalo polo órgano director da GP2, supoño que será a mesma FIA) non quedaría campión. A partir de que lle retiraron ese complemento ao seu coche, Nelsinho Piquet (o flamante compañeiro de Alonso) restou a vantaxe a grandes pasos e estivo a piques de derrotalo na "volata" final.
Penso que Alonso vai estar arriba porque a visión sobre Renault e as aspiracións de Alonso para este ano, que tiñan todos os equipos e "sabios" da F-1 a semana que se coñeceu a noticia da súa fichaxe polos de Flavio Briatore, variou sustancialmente.

Mark Webber: "Alonso no podrá alcanzar con Renault el nivel del año pasado con McLaren".

"Alonso lo tendrá bastante difícil para ganar el Mundial".
Villadelprat: "Renault está lejos de McLaren y Ferrari actualmente".

Montoya: "Ni Senna triunfaría con ese Renault".

Agora moitos xa din que haberá que contar con Renault porque a chegada dun bicampeón do mundo pode darlles un impulso moi grande.

"McLaren será sin duda nuestro rival más fuerte, aunque ahora no tienen a Fernando Alonso y eso es una ventaja para nosotros". "Renault está un escalón por debajo, aunque ahora con Alonso..." (Stefano Domenicali, novo "patrón" de Ferrari).

"Todo depende del coche que tenga, mientras no comience a rodar, como nosotros, y se conozca el potencial del coche es difícil hacer pronósticos, pero estoy seguro de que estará arriba y ser campeón dependerá del coche que tenga" (Jarno Trulli, ex-compañeiro de Alonso e piloto de Ferrari).

Pedro de la Rosa e Marc Genéasí o fixeron, tamén. Entendo que o fagan porque son compatriotas de Fernando e amigos. Pero tamén o podían facer quedando ben con él e dicindo algo como que o terá moi difícil, a pesar de que un gran piloto. Non, dixeron que tamén ía ser un duro competidor.
O mesmo "capo" de Ferrari, Luca Cordero di Montezemolo dicía o seguinte:

"L'obiettivo, naturalmente, è rivincere anche se la concorrenza sarà straordinaria. La McLaren - analizza il presidente Ferrari - ha piloti giovani, la Renault ha scommesso su Alonso, Bmw è quella che si avvicinata di più lo scorso anno e la Honda con Ross Brawn ha fatto la scelta giusta".

De todos os xeitos, antonte descolgábase Raikkonen cunhas declaracións nas que el só ve como rival aos McLaren. Ese era o titular, moi pomposo e parece que definitiva para os intereses do asturiano.Claro que se imos ao corpo do texto afirma que BMW e Renault tamén poderán ser rivais, pero haberá que esperar a que pasen un par de carreiras.

Dito todo esto e vistos os antecedentes, eu estou seguro que Alonso dará guerra e será Campión do Mundo por terceira vez. Imaxino que en Renault estarán traballando a tope e chegarían máis cartos co arribo de Alonso. ING ten moitos cartos e seguro que pode apoquinar máis, porque tamén vai gañar moito en publicidade. E confío en Flavio Briatore. É un home, como Alonso, ao que lle gusta gañar e, sobre todo, gañar para saír na Prensa.
Así e todo, eu tamén me conformaría con que Alonso quedará por diante de Hamilton. Sei que é triste, pero así o sinto.

De todos os xeitos, de aquí ao 18 de marzo todo serán o que di esta canción: parole, parole, parole...

Saúde.

servido por cazandobiosbardos 15 comentarios compártelo

15 comentarios · Escribe aquí tu comentario

bertito

bertito dijo

Como tu bien dices, ahora mismo es hablar por hablar. Como siempre, alonsista a muerte, pero la verdad es que no me fio de que en Renault consigan tener un coche competitivo para el mundial; lo que me da esperanzas son las modificaciones en los coches( la suspension de ayuda de traccion y mil historias mas), que segun los entendidos "igualara" a los coches y pondra mas de manifiesto la pericia al volante de los pilotos. El otro dia entrevistaron a De la Rosa en El Larguero y comento que la proxima temporada va a ser habitual continuas salidas de pista, trompos, etc.
coincido contigo en que si Alonso no puede ganar el mundial, el premio de consolacion seria quedar por delante de Hamilton, aver que es capaz de hacer sin poder copiar a Magic.Espero equivocarme y a final de temporada celebrar el tricampeonato. VAMOS NANO!!!!!

11 Enero 2008 | 03:45 PM

marquinhos

marquinhos dijo

moito discurso pero ó final non te mollas en absoluto, porque dicir que alonso vai estar arriba tampouco é apostar por algo moi complicado. xa que o citaches podes facer coma o marca; fai a túa porra e pista, se acertas faste autobombo, do contrario deixalo pasar...

11 Enero 2008 | 03:53 PM

dani

dani dijo

pienso lo mismo que Marcos, eso no es mojarse. Lo único que vienes a decir es que Alonso estará 'arriba' a final de temporada. Y no explicas lo que significa 'arriba' para ti. Demasiado ambiguo todo.

Si el título del artículo es '(...)as miñas apostas para a nova temporada' esperaba que al menos hicieses alguna. xD

11 Enero 2008 | 04:09 PM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

A miña aposta está clara (ademais no último parágrafo púxeno en negrita): Alonso Campión do Mundo por terceira volta e Hamilton por debaixo do quinto posto (esto si foi algo do que me olvidei de falar), pero bueno, xa haberá tempo.

Se o que queres é unha porra das posicións, sería esta:

1. Alonso
2. Kimi
3. Kubica (esta é para ir a por nota)

Saúde.

11 Enero 2008 | 04:10 PM

marquinhos

marquinhos dijo

q grande o detalle de kubica...XD
ai vai a miña:
1.kimi
2.alonso
3.hamiltongo

oxalá me equivoque e gañe alonso pero a renault fáltalle moito...

11 Enero 2008 | 04:24 PM

dani

dani dijo

me gusta esta porra sin tener idea de nada.

1. alonso

2. kimi

3. kovalainen (ahí lo tienes. dos finlandeses en el podio xD)

11 Enero 2008 | 05:09 PM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Joder, son as que molan. Igual que as que fan Lobato e Serrano, sen ter nin puñetera idea, jeje.

Saúde.

PS: Animo aos demais a que fagan a súa e a final de tempada repartimos premios (ficticios, claro).

11 Enero 2008 | 05:52 PM

Xabi

Xabi dijo

mal que me pese, aquí vai a miña aposta
1.- Hamiltongo
2.- Alonso
3.- Kimi
4.- Heidfield
5.- Massa

Ogallá me equivoque e gañe Alonso!

12 Enero 2008 | 02:40 AM

bertito

bertito dijo

la mia es :
1º Alonso

12 Enero 2008 | 12:27 PM

bertito

bertito dijo

no se que coño paso q se le fue la olla a esto; repito:
1º Alonso
2º Hamilton
3º Kimi

12 Enero 2008 | 12:28 PM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

Visto o éxito que ten a F-1 entre nós, polo número de comentarios, xa vos anticipo que me anda rondando unha idea pola cabeza. A ver que opinión me dades e vos parece axeitado que a leve adiante.

Non sei se vos acordades das porras que facíamos todos os fines de semana que había gran premio de F-1. Pois ben, a idea é retomar aquelas porras, aínda que nesta ocasión de xeito gratuito (nos tempos universitarios creo que poñíamos cada un 1 €).
Eu encargaríame cada semana de GP, de subir unha entrada ao meu blog para que fosedes facendo as vosas apostas. Habería que establecer un baremo de puntos, pero a bote pronto ocórreseme puntuar o podium, a pole position e o que faga a volta rápida en carreira. E despios poderíamos extras de puntuación, en función do que faga pleno acertando o podium (darlle 3 puntos a maiores por exemplo).
E comprometeríame tamén a ir sumando e facendo a clasificación semanal eu mesmo.

Que vos parece a idea? Haberá que madurala, pero a bote pronto pode ser entretido, ou?

Agardo as vosas respostas.

Saúde.

12 Enero 2008 | 03:13 PM

marquinhos

marquinhos dijo

a min paréceme moi boa idea, só dúas cousas:
1)deberías redactar unha especie de "estatutos" para que queden sempre aí en caso de discusión.
2)sería como a liga fantástica (por poñer un exemplo por todos coñecido) pero con f-1,así que pode ser extremadamente masivo, e quizais tolees pra facer a clasificación, XD.liga privada? XD

12 Enero 2008 | 04:10 PM

cazandobiosbardos

cazandobiosbardos dijo

En resposta ao comentario de marquinhos:

1) Ese estatuto será redactado, para que vós o revisedes e poidades facer as vosas observacións e posibles modificacións.

2) Home, o da liga privada pode mirarse. Eu tampouco creo que este sexa un blog masivo e non será tan duro como se fose unha Liga Fantástica porque, en principio, habería que contar non máis de cinco cousas por xornadas (multiplicados polas persoas que participen). E despois incluirase o habitual punto (polo menos nas porras de foros que eu participo soe aplicarse) de que aqueles que non participen en tres grandes premios consecutivos serán eliminados. Tendo internet non habería maior problema. Collería papel e boli e iría sumando. Ao mellor non tiñades os resultados o mesmo domingo de carreira pola tarde, pero na maioría dos casos hai dúas semanas entre GP e GP, para facer as clasificacións e o novo post. E no caso de precisar axuda, podería incluso botar man de algún de vós para que axudase, jeje.

A ver como vai avanzando o tema, pouco a pouco. Esta semana se tal, cando me apeteza, faigo a entrada cos estatutos. É que teño moito tempo libre, jeje. Demasiado, por desgracia.

Saúde.

13 Enero 2008 | 06:07 PM

bertito

bertito dijo

wena idea!!contad conmigo!!!

17 Enero 2008 | 01:32 PM

marquinhos

marquinhos dijo

que peligro tu con tempo libre...e refírome o aspecto máis depravado, por suposto...

17 Enero 2008 | 05:29 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera