Rumorease en varios mercados. No dos dous últimos veráns, no de inverno do ano pasado, pero agora por fin se cumplen os soños de moitos siareiros pontevedreses. Javi Rodríguez, "O Rifle", volta para quedarse. O xogador catalán desvinculase do Rácing de Ferrol e asina polos granates, para o que resta de tempada e unha máis. Gran noticia. Apuntala a parcela ofensiva do equipo e, sobre todo, enche de ilusión e bos recordos á parroquia de Pasarón. É un xogador sobre o que teño unha debilidade especial. Igual que conFran Rico, que fará o papel do Tonino daquel último ascenso. O referente da cidade e do clube. Cada vez está máis claro que este ano será o dun novo ascenso (ao terceiro play off consecutivo sempre o consiguen).

Toda a bancada rendida ante Javi Rodríguez. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Que certo é este dito.

O Rifle vaise atopar un equipo moi cambiado respecto ao que deixara anos atrás. Se cadra non queda ningún compañeiro daquela etapa,unicamente Alejandro Vázquez e Charles. Incluso un Pasarón totalmente diferente, pero eu só agardo que volva ofrecer tardes como aquela do día do ascenso do Pontevedra a Segunda División: Pontevedra CF 3-0 Lorca(ver vídeo). E que eu poda estar na cidade do Lérez para desfrutar a festa.

Saúde.