Esta entrada ía encamiñada a conmemorar a miña saída fai un ano cara terras italianas, a vivir unha das experiencias máis bonitas da miña vida e das que mellores recordos teño. Abríraa no día xusto, pero aquel día non tiña moito tempo para escribir e nos seguintes non me apetecía.
E nada máis, simplemente que hoxe fai un ano estaba por Firenze, por unha cidade incrible e vivindo tres meses inmensos en moi grata compañía. Se a alguén lle entran unhas estranas gañas de volver a ler as miñas aventuras por Italia, pode lelas neste apartado dun blog amigo: "Sotto il Sole della Toscana".

estás un pouco preguiceiro...
Moito, diría eu.
creo que este é o teu mellor artigo, jajajajajajajajaaj. Escribe algo, que xa te votamos de menos