Podio:
1º) Felipe Massa
2º) Kimi Raikkonen
3º) Robert Kubica
Pole position: Robert Kubica
Volta Rápida: Heikki Kovalainen
Non Clasificados: 3
Aquí podedes consultar os resultados oficiais.
Así queda a clasificación (entre paréntesis os puntos acadados no GP de Bahrain)
1. saLapa: 25 (15)
... Xabi: 25 (15)
3. estrellaverde: 20 (-)
4. marquinhos: 10 (0)
... dani: 10 (0)
6. ana: 7 (0)
7. fodasepa: 4 (2)
8. Damián: 0 (-)
... cazandobiosbardos: 0 (0)
...: Roonnie: 0
Non sei se darlle a lalín (fodasepa) algún punto máis porque acertou por segunda volta consecutiva o número de abandonos e ademais anticipou que Hamilton ía voltar a pulsar o botón equivocado, jeje.

wuaaa!! saúdos dende as alturas! jeje
saúdos compartidos!!!!
XDDD
Haberá que entoar o tan manido: o importante é como acaban as cousas e non comezan, jeje.
Saúde.
Como reza algunha camiseta: "tes rasón, mais en tampoco me equivoco"
Por certo (ollo á hora do post) parece que o coche de Alonso está dando vos resultados en montmeló!
Eu sí que empecei con forza un 0
Miguel estou a tua altura,
jajajaja.
Un saúdo.
E ollo tamén a Super Aguri, que agora mesmo aínda non se sabe se Sato e Davidson poderán saír a competir en Montmeló. Ou polo menos eso é o que se comenta desde algún sector da prensa italiano.
Ollo, por se alguén tiña pensado apostar por eles, ou polo número de non clasificados. Non especifiquei nada nos estatuos. Que debería facer neste caso? Non consideralos, xa que non estaban na grella de saída; ou metelos como non clasificados (xa que non participaron)? Agardo respostas.
Saúde.
Por certo, a ver se mañá subo a entrada para que podades meter as vosas apostas de cara ao GP de España.
O de Alonso haberá que esperar ata o venres para ver algo. De todos modos, eu non me fiaría moito dos seus tempos. O Marca tamén dicía en decembro que ía ter cochazo e mirade vaia carraca ten. Ademais, o resto de equipos están probando cousas para 2009 e onte foi un Force India o que marcou o segundo mellor tempo (Fisichella) e un Honda o primeiro (Barrichello). Polo de agora, Schumacher non lle deu moita importancia aos tempos de Renault. E outra cousa non, pero desto algo sabe.
Saúde.