Hoxe dispóñome a ver un final de liga auténtico. Bueno, auténtico se as mafias, a compra de partidos, de árbitros,... o deixan ser, en realidade. Aínda que probablemente esto nunca o saibamos. Ou o coñezamos dentro duns anos. De todos os xeitos hoxe librase unha batalla moi interesante en Italia. A Serie A chega á súa última xornada e aínda non se coñece o campión, non se coñece quen será o cuarto equipo que representará ao país transalpino na Champions League (ou, polo menos, na rolda previa) e tampouco se saben aínda os dous equipos que acompañarán á Serie B ao Livorno, conxunto toscano xa descendido a semana pasada. De momento o maior número de papeletas teno o Empoli, tamén toscano, pero os resultados dos seus más directos rivais pintan que poden serlle favorables questo pomeriggio.
E é que os dous que se xogan o descenso co Empoli (Parma e Catania) xogan cos dous que se xogan o Scudetto (Inter e Roma). E os dous partidos serán no campo dos equipos de abaixo. O Parma recibe no Tardini ao Inter de Milan e o Catania no Massimino á Roma. Prohibición de que asistan os tifosi rivais ao campo, pero os ultras nerazurri xa o saltaron e chegaron ao estadio da cidade ducal. O Inter ten un punto de vantaxe e un empate a puntos benefícialle (1-4 gañara no Olímpico e empate a uns se rexistrara no Giuseppe Meazza). No descenso o Parma debe gañar e esperar o tropezo do Catania (van dous puntos por enriba os sicilianos), mentres que o Empoli ten a necesidade de gañar e esperar, cando menos, a derrota do Catania e o empate do Parma.
San Siro houbera un empate.Mentres, na loita pola Champions League as cousas están máis doadas. Xoganse un posto a Fiorentina e o Milan. Os fiorentinos chegan con dous puntos de vantaxe, pero non lles chega o empate. Deben gañar xa que o Milan asaltou o Franchi na segunda volta (0-1 con gol de Pato) e en Esperemos que os viola consigan a victoria diante do Torino na cidade piamontesa. Agardemos que os granas faigan de verdadeiros fratelli. Ambas hinchadas están hermanadas, xa que as dúas teñen á Juve como gran rival. Mentres o Milan recibe en San Siro ao Udinese. Os friulanos non se xogan nada, despois de que onte a Sampdoria conseguise un empate a 3 coa Juve e acadasen os xenoveses a súa clasificación matemática para a UEFA no sexto posto. O Udinese accederá como sétimo.
En dúas horas a resolución. Para que despois digan que o Calcio é un coñazo. Polo menos este ano está bastante máis interesante que a Liga e houbo tanto fútbol ou máis.
Un saúdo.

Ao final impúxose a lóxica. O Inter gañou 0-2 gracias a Ibrahimovic, que levaba un par de meses sen xogar e a Roma empatou co Catania, con gol dos sicilianos nos últimos minutos cando a Roma xa sabía que se lles escapaba o Scudetto. De todos os xeitos, durante máis de 50 minutos foron gañadores virtuais da liga.
E na Champions victoria do Milan 4-1, aínda que comezou perdendo, pero que non lle vale de nada porque a Fiorentina venceu en Torino ao Torino por 0 a 1 con GO-LA-ZO de Osvaldo. Xa o colgarei no blog porque foi unha verdaderia obra mestra.
Descenden, polo tanto, o Parma e o Empoli toscano, a pesar de que estes últimos lle gañaron 2-1 ao Livorno de Diego Tristán.
ALÉ FORZA VIOLA, ALÉ, FORZA VIOLA ALÉ!!!!
Saúde.