Imaxe do corte feito polos transportistas e os armadores (coincidiron alí por casualidade) na A-6 á altura de Guitiriz.
Vou copiar o de Sol a Sol que viña onte na Voz de Galicia. Veñen sendo estas poucas liñas que aparecen na portada do xornal, como se dun pequeno editorial se tratase.
Cargas y Beneficios
El objetivo de una huelga o de un paro patronal es alcanzar algo que se demanda de alguien. En el caso del conflicto derivado del precio de los combustibles, ¿qué se pretende? ¿Que unos nebulosos mercados internacionales bajen los precios? Y como no se consigue, ¿que se repartan las cargas de un sector entre todos los ciudadanos? Cuando las cosas vayan bien, ¿también se repartirán los beneficios?
Parece ser que aos armadores, polo menos aos da Mariña, lles sentaron moi mal estas liñas, pero eu só podo dicir que é moi complicado exprimir o meu pensamento sobre este paro do peixe en menos liñas.
Saúde.

quen firma esas liñas?
por fin saiches do mundo da f1. eu tamén comparto en boa medida o que din esas liñas. espero que no teu caso non sexa cuestión da liña editorial... jejeje
Non as firma ninguén. Como digo, é unha especie de editorial.
E non é cuestión da liña editorial. É o que penso e, sobre todo, aplicado aos das inmobiliarias, que me fai moita gracia que agoran pidan axuda a papá Estado, diante da crise. A que cando vendían pisos de 40 metros cadrados por 30 millóns de pesetas non pedían axuda, nin pensaban no comprador e lle daban unha pequena axuda en forma de abaratarllo un pouco?
E os armadores más de lo mismo. Cando en cada marea lles daba para comprar un Audi e facer unha casa, non doaban cartos para fins beneficos, nin nada polo estilo.
Os que me dan pena son os pescadores, que, por exemplo, pagan a súa parte da comida que vai no barco para a costeira e ultimamente nas facturas da comida, os armadores ata metían as compresas das mulleres e todo o que compraban para a casa. Unha vergonza.
En fin...
Saúde.
Jorge.
Vale, decideme como se apaña un autónomo como meu pai, que ten un pequeno camión e co gasoil a 1´3 que malamente ten para gastos. E pode asegurar que é nunca pasou por esas sopostas vacas gordas.
nadie di que o culpable sexa o currante. aquí o problema ven, coma sempre, dos intermediarios e as súas marxes abusivas. cando o agricultor vende as cereixas por debaixo de 10 centimos o quilo e no carrefour, por exemplo, véndenchas a 7 euros... e coma ese mil casos. eles din estar en crise e realmente seguen engordando, pero a un ritmo menor. a eso lle chaman crise??? mirade o exemplo de Inditex, din estar en crise e acaban de subir ó primeiro chanzo do mundo textil:
http://www.elpais.com/articulo/economia/crisis/consumo/frena/vent...
non sei se rir ou chorar...
fora de discursos fanáticos e trasnoitados, quedou claro nas últimas décadas que o capitalismo non é un sistema en absoluto perfecto, e para nada a liberdade que nos garantiron se ve reflexada na vida diaria. hoxe estamos esclavizados a outros donos (nos sabemos deso, que na carreira vímolo ben veces). tampouco digo que a solución sexa o comunismo... fracasaron ambos sistemas. quizais non exista un perfecto, quizais pola propia natureza do home, pero eso xa é para outro debate...
non sei cal será o seguinte paso. dudo moito que o sistema cambie por si so e tamén dudo que, tal como funcionamos agora, nós sexamos capaces de cambialo...
Quizabes se os gobernos fosen algo máis intervencionistas... pero claro, despois deste comentario, sairán os liberalistas a avogar polo libre mercado e a "man invisible" que o regula...