Boas:

Perdón pola tardanza, pero é o que ten Naseiro. Non acaba ata o mércores e tárdase un par de días en retomar a vida normal. Aquí quedan os resultados oficiais da carreira no trazado urbano do peirao de Valencia. E deste xeito está a nosa clasificación xeral.

1. ana: 117 (25)

2. Xabi: 93 (0)

3. cazandobiosbardos 80 (10)

... dani: 80 (0)

5. marquinhos: 72 (0)

6. saLapa: 68 (5)

7. Xosinho 42 (0)

8. Ronnie: 13 (13)

Bocado criminal de ana á xeral, que fai un boa derramaxe e deixa atrás a Xabi nunha mala xornada para o surourensano (toma xentilicio!). E eu entro no podio. Pouco a pouco sigo subindo, aínda que con xornadas así de ana, témolo fastidiado todos.

Saúde.