Logo de moitos meses de espera, aquí vos presento os tan desexados e agardados resultados do final de tempada da Porra de Fórmula 1.
O primeiro de todo, felicitar a ana pola súa victoria.
E o segundo, non vexades que coñazo botar as contas a día de hoxe, jeje.
Non prometo nada para o ano, porque acaba rayando o tema. Terei que estudar se a volvo facer, pero antes teño que saber se vos interesa que a faga.
Parabéns para os tres primeiros clasificados, entre os que me inclúo eu, jeje.
Dos premios xa falaremos noutra ocasión. ;)
Así quedaría a clasificación despois do GP de Xapón:
1. ana: 158 (3)
2. Xabi: 110 (2)
... dani: 110 (12)
4. cazandobiosbardos 107 (12)
5. marquinhos: 103 (13)
6. saLapa: 91 (-)
7. Xosinho 55 (--)
8. Ronnie: 45 (5)
Así o faría tralo de China:
1. ana: 161 (3)
2. dani: 140 (30)
3. Xabi: 135 (25)
4. cazandobiosbardos 119 (12)
5. marquinhos: 103 (-)
6. saLapa: 91 (--)
7. Xosinho 55 (---)
8. Ronnie: 45 (0)
E deste xeito logo do de Interlagos:
1. ana: 184 (23)
2. dani: 160 (20)
3. Xabi: 155 (20)
4. cazandobiosbardos 149 (30, pleno no podio e pole position)
5. marquinhos: 118 (15)
6. saLapa: 91 (---)
7. Ronnie: 75 (30)
Xosinho era eliminado por non participar en tres grandes premios consecutivos.
E finalmente, despois de sumar as porras de comezo de tempada, así quedaron as cousas:
1. ana: 184 + 60= 244
2. cazandobiosbardos 149 + 65= 214
3. dani: 160 + 40= 200
4. Xabi: 155 + 40= 195
5. marquinhos: 118 + 40= 158
6. saLapa: 91 + 65= 156
7. Ronnie: 75 + 65= 140
8. Xosinho: 65 (só da porra do final de tempada)
Vaia chimpo peguei gracias aos resultados de Brasil e a aposta ao podio final, jojo.

recuento!!
exijo recuento!!
Como non o recontes ti, me parece que o vai facer Jesucristo bendito, jeje.
Pena de esas tres semanas sen puntuar, e sen puntos, senón, estaría pelexando polo podio. ISISISISISIIS.
Molaría repetir, que este ano gana Alonso.
Un saudiño.
pena dese grande premio no que se me esqueceu participar...
Desde logo, que pouca deportividade estou vendo. Aínda non vin o primeiro comentario para felicitar á campioa. Todo é queixarse.
noraboa Ana!
se estás disposto a min molaríame repetir o da porra, pero molaríame máis conectarme e ver que o teu blog ten novos contidos... sobre todo doutros temas.
va fan culo! ou como se escriba :)
Por fin! Acabome de conectar hoxe e por fin vexo a confirmación oficial da miña victoria!!! Que alegria! Bikos a todos desde Reggio!
Moitas felicidade ana.