A poucos días de que se dispute a Superbowl, final da NFL (madrugada do domingo 1 de febreiro ao luns 2) coñécese un dos primeiros actos de censura que xa fixo a NBC, cadea que ten os dereitos de emisión do acontecemento.

Neste caso, trátase dun spot no que a asociación en defensa dos animais PETA (People for the Ethical Treatment of Animals) invita á xente a facerse vexetarianos, xa que segundo este colectivo teñen "mellor sexo" ca os carnívoros, se entende. Para levar a cabo a súa mensaxa utilizan varias mulleres (de bo ver, evidentemente) xogando con distintos alimentos, vexetais loxicamente. Aquí vos deixo o spot para que opinades. Fóra do mellor ou peor gusto do autor, do estilo, do coidado da súa producción e de tódalas concepcións teóricas e técnicas, a mín non me parece tan escandalosa. Volve a aparecer de fondo a tan quisquillosa moral americana.

Agardo opinións.

Saúde.