Publicidad:
La Coctelera

Cazando Biosbardos

Caixón de sastre de todo aquilo que me corre polos miolos

23 Mayo 2009

Dúas pinceladas

Levaba moito tempo maxinando en escribir neste "meu" blog. Finalmente, nesta noite parece que atopei o momento xusto. A verdade é que a miña vida está bastante desordenada, o que non axuda moito a que este espazo se vexa actualizado a miúdo. Bueno, iso e, porque non dicilo, que tampouco teño moitas gañas de escribir ou, case máis, nada interesante que dicir.

E hoxe tampouco é que teña moito que contar. Simplemente me gustaría deixar un par de pinceladas sobre cousas que estou escoitando nos últimos días e non deixan de sorprenderme.

Por unha banda está o tema dos superdelegados. Seica con eles ía chegar o aforro absoluto e agora resulta que cada un deles vai ter dous chóferes (e supoño que ao mellor tamén dous coches) e seis asesores. Agora multiplicade esa cifra por cinco e o "aforro" canta bastante.

E, por outra banda, o tema do ensino e o galego. Paréceme incrible que algunhas persoas queiran acabar co galego, pero máis incrible é que para facelo utilicen o tan manido argumento de "los padres tienen derecho a elegir el idioma en el que van a ser educados sus hijos". Roncañe o carallo, que diría algún vello no peirao de Celeiro. Se algún día teño fillos, eu desexo que non lles ensinen os logaritmos e a trigonometría e agardo que o Estado me faga caso porque a min non me gustaban, nin nunca entendín para que me valía a efectos de rúa. Ao fin e ao cabo, mal que menos, o galego serve para que algúns nos comuniquemos. Agardo que alguén lles explique que en temas de Educación, o Estado ten a lexitimidade para "impoñer" certas reglas.

Saúde.

PS: Intentarei actualizar máis rápido que da última vez (ía poñer prometo, pero case que non me arrisco, jeje.)

servido por cazandobiosbardos 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

penso que é algo cedo pra valorar a primeira pincelada, pero coa segunda estou de acordo; pero o que máis me indigna é que digan que o castelán está en perigo... que vergonza...

28 Mayo 2009 | 12:21 AM

Xabi

Xabi dijo

Eu teño a miña propia solución para o tema da liingua. POR UNHA VIDA ÍNTEGRA EN GALEGO.
todo o que podo facer en galego, fágoo.
e punto
(mode taxativo: off) jeje

28 Mayo 2009 | 05:56 PM

roonnie

roonnie dijo

Mirade polo lado bó. A lo menos están enfadando a xente en principio pouco preocupada co tema do idioma como era eu.

É o que teñen os radicais.

3 Junio 2009 | 12:01 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Son dos que prefiro que me definan e non definirme eu mesmo, porque penso que é como a miña voz. Non é igual como a escoito eu, a como a escoitades o resto. Polo tanto, prefiro calar.

Fotos

cazandobiosbardos todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera